Ola de novo!
Nesta entrada, tratarei os contidos vistos na parte da materia de Didáctica que
imparte o docente Gonzalo. Neste tema 1, falamos sobre as diferentes situacións
e contextos de uso que se poden dar no ensino de linguas estranxeiras, así coma
as diversas variables que poden xurdir e condicionar estas situacións. Ademais,
durante a sesión realizamos diversas actividades que nos axudaron a comprender
mellor diferentes conceptos e a debater sobre eles.
En primeiro
lugar, debemos diferenciar entre tres conceptos básicos dentro do contexto de
adquisición dunha lingua: lingua inicial, lingua segunda e lingua estranxeira.
A lingua inicial é aquela (ou
aquelas, xa que podemos adquirir dúas linguas iniciais) que aprendemos
primeiro, antes da etapa escolar e de maneira inconsciente, é dicir, sen darse ningunha intencionalidade. Sería a chamada lingua materna ou natal,
aínda que estes termos poden resultar confusos porque se soen confundir co de lingua oficial. Tampouco debemos confundir este concepto co de lingua de
herdanza ou contextual, posto que estas farían referencia a unha lingua que herdamos e que polo tanto sabemos falar e entendémola, pero non somos capaces de escribila. A lingua segunda é a que se adquire
despois da inicial e esta pódese aprender en diversos contextos: na escola, na
rúa, coma lingua administrativa, coma lingua do ensino, etc. Do mesmo xeito que
a lingua inicial, pódense adquirir varias linguas segundas. Por último, unha lingua estranxeira é a que se aprende
no contexto escolar, de xeito consciente e cunha intención clara; tamén se
poden aprender varias ao mesmo tempo. Para comezar a tratar este tema na aula,
realizamos unha actividade por parellas ou pequenos grupos consistente en crear
un diagrama de Venn
para observar as características de uso e aprendizaxe dunha lingua materna e
dunha lingua estranxeira. A continuación podedes ver unha foto do diagrama que
creamos no meu grupo para ver as diferenzas e as similitudes entre estes dous procesos. Na miña opinión,
esta actividade foi moi interesante porque nos fixo reflexionar, principalmente,
sobre como era a adquisición dunha lingua materna, algo no que persoalmente
nunca me parara a pensar. Ademais, a partir desta actividade puidemos comprobar
que o diagrama de Venn podería empregarse nunha aula de lingua estranxeiras,
por exemplo para tratar vocabulario, aspectos gramaticais coma as preposicións, phrasal verbs, etc.
En canto ao
contexto de uso, é importante diferenciar tamén tres conceptos fundamentais:
lingua habitual, lingua de traballo e lingua vehicular. O concepto de lingua habitual constitúe aquela que
emprega un falante na maioría dos seus contextos comunicativos. De novo, unha
persoa pode ter varias linguas habituais, por exemplo, se é bilingüe. É
importante remarcar aquí que a lingua inicial, que vimos no parágrafo anterior,
non ten por que ser a mesma que a lingua habitual. Esta situación daríase por
exemplo en persoas inmigrantes que empregan unha lingua diferente nas súas
comunicacións diarias á que adquiriron de nenos. A lingua de traballo é aquela que constitúe o principal medio de
comunicación nun organismo internacional, nunha empresa multinacional, nun
estado plurilingüe, etc., por exemplo, na Unión Europea. Este concepto non
sería sinónimo ao de lingua oficial, que é o idioma que emprega un
Estado para a publicación dos seus instrumentos legais ou nos actos da
administración pública e de xustiza. Finalmente, a lingua vehicular é a que
serve de medio de comunicación entre falantes de linguas diferentes; a tamén
chamada lingua franca. Este tipo de linguas soen escollerse ou negociarse dependendo
da finalidade que pretendamos ou da actividade que imos levar a cabo. Para
ilustrar esta teoría, en grupos realizamos unha actividade chamada Placemat e que consistiu en dividir un folio A3 en diferentes
seccións (dependendo do número de integrantes do grupo) e deixando un recadro
no medio para anotar diferentes preguntas. Cada membro do grupo debía responder
ás preguntas no seu recadro e, logo, entre todos debater e escoller unha soa
resposta común para o grupo. Abaixo déixovos unha foto coas preguntas das que
falamos, no meu grupo en concreto tratamos as preguntas 4 e 6 e houbo bastante
consenso entre as nosas respostas.
Coma comentaba ao
principio, poden xurdir certas variables
que condicionen estas situacións de ensino dunha lingua estranxeira e poden
depender das características do alumnado, do centro e dos propios obxectivos
que se marquen. En primeiro lugar, os factores que condicionan ao alumnado son:
a idade e a lingua inicial. A etapa na que se atope o alumno inflúe moito na súa
aprendizaxe, xa que as capacidades de adquisición dunha lingua varían
dependendo da idade. Por outra parte, a lingua inicial pode facer máis fácil ou
máis difícil o proceso de adquisición doutra lingua, pois non é o mesmo aprender unha
lingua cunha orixe e estrutura similares á inicial que outra que cambie
drasticamente. En segundo lugar, o tipo de centro
tamén condiciona o proceso de ensinanza-aprendizaxe, xa que influirán en grande
medida os recursos cos que conte, o tipo de metodoloxía que empregue e as
relacións que se establezan entre os docentes e o alumnado. Por último, este
proceso tamén está marcado polas necesidades
que posúe o alumno e polos obxectivos
e metas que marque el mesmo e o docente. A nosa misión coma docentes non é só a
de ensinarlles unha lingua estranxeira específica, senón conseguir enriquecer o
repertorio lingüístico do alumnado a través de diferentes metodoloxías e tipos
de didáctica (didáctica da lingua inicial, da lingua segunda, da lingua
estranxeira, aprendizaxe para idades precoces, aprendizaxe para fins
específicos ou aprendizaxe integrado de contidos e linguas estranxeiras). Aquí
vos deixo un exemplo do meu repertorio
lingüístico persoal, diferenciando entre linguas e variantes lingüísticas e
entre aquelas das cales posúo un coñecemento activo ou pasivo:
Como conclusión, considero
que as actividades que realizamos nesta parte da materia, xunto coa teoría
vista, nos foron moi útiles para tratar diferentes conceptos sobre os que tiñamos
dúbidas e dos que non falaramos anteriormente noutras materias, ademais de para coñecer mellor a realidade lingüística que nos rodea. Por outra parte, estas
actividades sempre podemos levalas ao noso terreo e aplicalas nun futuro nunha
aula de linguas estranxeiras, xa que poden resultar moi beneficiosas e ser
dinámicas.
Aquí vos deixo varias ligazóns relacionadas co tema, saúdos!
Aquí vos deixo varias ligazóns relacionadas co tema, saúdos!
Del Campo Ponz,
C. (s.d.). La lengua extranjera como vehículo de una educación global.
Recuperado de: https://core.ac.uk/download/pdf/11503452.pdf
Ministerio de Educación (2009). Las lenguas extranjeras como vehículo de comunicación internacional. Madrid.
Recuperado de: https://sede.educacion.gob.es/publiventa/PdfServlet?pdf=VP12495.pdf&area=E
Rubio Osuna, Mª. C. (2011). Factores que intervienen en el
aprendizaje de una segunda lengua. Recuperado de: https://archivos.csif.es/archivos/andalucia/ensenanza/revistas/iee/Numero_46/MARIA_DEL_CARMEN_RUBIO_OSUNA_02.pdf
Ruiz Calatrava,
M. C. (2009). El aprendizaje de una lengua extranjera a distintas edades. En Espiral. Cuadernos del Profesorado, 2 (3),
98-13. Recuperado de: www.cepcuevasolula.es/espiral
Santos Rovira, J.
M. (2012). Fundamentación teórica de la importancia de la lengua materna en el
proceso de adquisición de lenguas extranjeras. En Sintagnia 24, 49-63. Recuperado de: http://www.sintagma.udl.cat/export/sites/Sintagma/documents/articles_24/santos_rovira.pdf



Hola Alba! Felicidades por tu entrada. Creo que has hecho una entrada muy completa sobre el tema que hemos tratado en clase. Me ha parecido muy interesante que hayas explicado las diferencias entre lengua inicial, segunda y extranjera; al igual que entre lengua de trabajo y vehicular ya que muchas personas tienden a confundir algunos de esos términos. Normalmente solo se suele hablar de lengua materna y lengua extranjera, y es por eso que pienso que algunas personas muestren confusiones o desconocimiento por los otros términos. También me ha parecido muy interesante que hayas incluido tu repertorio lingüístico, ya que de esta forma se puede comprender de forma más visual lo qué es.
ResponderEliminarUn saludo!
Ola Alba!
ResponderEliminarAntes de nada gustaríame comentarche o moito que me gustoume a túa entrada, xa que me pareceu que resumiches de xeito moi eficaz os contidos teóricos e tarefas que vimos nesta sesión co docente Gonzalo Constenla.
Particularmente, interesoume a explicación que das sobre o termo lingua de herdanza ou contextual, xa que era un concepto que eu descoñecía. Na miña ignorancia, de telo escoitado, crería que era sinónimo de lingua inicial. Concordo tamén contigo na utilidade que o uso dun diagrama de Venn pode ter na aprendizaxe das linguas estranxeiras, xa que grazas a esta técnica podemos facer unha posta en común de varios aspectos das linguas e utilizar as súas semellanzas para ancorar a creación de novo coñecemento. Tamén me pareceron de gran interese as túas reflexións sobre a importancia que ten ter en conta aquelas variables que afectan ao alumnado como a súa idade, a súa lingua inicial ou o centro educativo o que acoden. Dende o meu punto de vista, o aspecto mais crucial é a idade a que un falante entra en contacto cunha lingua, xa que na miña experiencia, un neno de catro anos é capaz de entender tres ou catro linguas de maneira natural, aínda que sempre teña tendencia a facer uso dunha máis que das outras. Por último, en canto á metodoloxía e os tipos de didáctica empregados polos docentes no proceso de ensinanza-aprendizaxe, tamén creo que se trata dun aspecto da maior importancia, xa que nos axudará ao noso alumnado a achegarse ás linguas dunha maneira que teña en conta as súas particularidades e necesidades.
Parabéns de novo e un saúdo!