Tema 5: Estratexias de comunicación. Actividades da lingua e uso de rubrics.


Ola compañeiros e compañeiras! Logo das vacacións de Nadal, volvemos a lernos nos blogs para tratar os contidos tratados e as actividades realizadas na materia de Didáctica da Ensinanza das Linguas Estranxeiras. Nesta primeira entrada, falareivos sobre o tema 5, no que vimos as catro actividades da lingua ou modos de comunicación: a mediación lingüística, a comprensión oral e escrita, a produción e interacción oral e a produción e interacción escrita. Ademais disto, realizamos diversas actividades prácticas para ilustrar como poderían introducirse estas na aula e falamos sobre o uso das rúbricas na avaliación formativa. Este tema desenvolveuse os días 9, 13 e 15 de xaneiro coa docente Cristina Rodríguez.

En primeiro lugar, as actividades de mediación lingüística son aquelas que posibilitan a comunicación entre persoas que non son capaces, polo motivo que sexa, de comunicarse entre si directamente ou con éxito. A mediación pode darse tanto de maneira oral coma escrita e pode ser interlingüística ou intralingüística. Existen dous tipos principais: a cognitiva (a que se fai de maneira interna) e a relacional (a que empregamos con outras persoas). Neste contexto, a que nos interesa é a relacional que, á súa vez, se pode clasificar en lingüística ou textual, conceptual e social ou cultural. Para introducir esta actividade na aula é interesante, por exemplo, integrar diversas destrezas, cambiar de modos ou rexistros, empregar materiais reais e introducir outras linguas. Relacionado con este último aspecto, é importante ter en conta o concepto de plurilingüismo e perfil plurilingüe, sobre o cal debatemos na clase. Ademais deste debate que nos axudou a coñecer mellor os nosos perfís, na clase tamén realizamos unha actividade consistente en analizar diversos exemplos de actividades de mediación que nos permitiu constatar os obxectivos destas tarefas, así coma as diferentes competencias e estratexias que debe reunir o alumnado para superalas. Finalmente, por grupos tivemos que deseñar unha actividade de mediación e presentarlla ao resto de compañeiros. No meu grupo, deseñamos unha actividade a partir dunhas imaxes en español, na que o alumnado por parellas debería poñerse de acordo para escoller a entrada e o modo de transporte que preferiran para ir a un festival de música. Esta última actividade foi moi interesante porque nos permitiu aplicar a teoría vista á práctica de deseñar unha actividade que fose factible de aplicar nunha aula de Secundaria.

En segundo lugar, temos as actividades de comprensión oral e escrita que poden ser de tipo extensiva (a que se realiza fóra da aula, por exemplo ver películas, ler, etc.) ou intensiva (a realizada na aula). As actividades de comprensión poden ser de diversos tipos, por exemplo, para entender as ideas principais ou datos específicos, para identificar actitudes ou opinións, entender instrucións, etc. Para aplicar con éxito estas actividades na aula, é preciso que se descompoñan en varias fases: unha de presentación para que o alumnado se familiarice co contido ou co vocabulario, unha primeira lectura ou escoita para localizar a información ou comprobar as predicións que se fixeron anteriormente, unha segunda lectura ou escoita onde traballar máis en profundidade o texto, unha post-lectura/escoita na que os alumnos deban trasladar esa información comprendida ou ampliala e unha posta en común final. Para poñer en práctica esta parte da materia, tivemos que elaborar por grupos unha actividade de comprensión para aplicar nunha aula. Xunto coas miñas compañeiras, deseñamos unha actividade de comprensión lectora baseada nun folleto dun museo coa temática da espionaxe e con varios exercicios para levar a cabo as distintas fases que mencionei anteriormente. Durante o desenvolvemento desta actividade, puidemos constatar a importancia de deseñar estas diferentes fases para que a comprensión sexa progresiva e máis significativa.

Por último, as actividades de produción e interacción poden ser tamén escritas ou orais. Debido a que as de escritura consumen moito tempo, soen relegarse a facer na casa; con todo, é interesante que se realicen pequenas producións na aula nas que prime a mensaxe e non a corrección gramatical, e facelas cooperativas e interactivas. Tamén se deben traballar na aula as diferentes fases que deben compoñer o proceso de escritura (unha primeira planificación, a elaboración dun borrador e unha versión final) para que o alumnado poida chegar a un resultado satisfactorio. Na aula, realizamos unha pequena actividade por grupos na que tiñamos que pensar a maneira de poñer en práctica diferentes tarefas. No noso caso, tocounos a de escribir unha pequena reseña e pensamos que un bo xeito de facelo sería visualizando un tráiler dunha película e que logo por grupos o alumnado escribise a súa opinión para recomendarlla ou non aos seus compañeiros. Por outra parte, a produción e interacción oral constitúe unha das actividades máis importantes nas aulas de lingua, principalmente porque son as que menos se poden practicar fóra dela, por iso é fundamental que as tratemos e que o alumnado colla o hábito de falar todos os días na clase, perdendo así o medo e creando un bo ambiente. Para ilustrar esta actividade da lingua, na aula revisamos varias páxinas web con diferentes propostas prácticas e escollemos unha para explicarlle aos nosos compañeiros. Finalmente, tamén puidemos comprobar que as rúbricas son un dos mellores instrumentos para realizar unha avaliación formativa das diferentes actividades da lingua, aínda que, como puidemos comprobar de primeira man, a súa elaboración e redacción é bastante complexa.


Podemos concluír, entón, que todas actividades de lingua son fundamentais e deben tratarse na aula de maneira que non exista separación entre elas, senón que se relacionen. Por exemplo, unha actividade de comprensión pode levarnos a unha de produción ou unha de mediación a outra de comprensión e produción de diversos tipos. É certo que deberíamos darlle a mesma importancia a todas, pero na miña opinión, é fundamental que se practiquen moito as actividades de produción e interacción oral, porque, como xa comentei, o alumnado non ten demasiadas oportunidades de facelo pola súa conta e, ademais, son actividades que requiren de moita práctica. Do mesmo xeito, creo que a mediación é unha actividade aínda un pouco descoñecida, pero que aporta numerosos beneficios ao alumnado xa que traballa ao mesmo tempo moitas competencias e vive unha experiencia real da situación plurilingüe coa que contamos hoxe en día. Por outra parte, opino que antes de propoñer estas actividades da aula, sería de gran axuda mostrarlle ao alumnado un exemplo do resultado que esperamos por parte deles. Para rematar, gustaríame comentar que as actividades que realizamos na aula fóronme de gran utilidade posto que puiden experimentar como é o proceso de deseño e como se poderían introducir nunha aula os diversos modos comunicativos. Alén diso, poder compartilo co resto de compañeiros e escoitar as súas propostas aportoume outros puntos de vista e opinións moi interesantes que seguro que poderei empregar nun futuro.

Aquí vos deixo varias referencias relacionadas con este tema, espero que vos sexan de utilidade:

De Arriba, C. e Cantero, F. J. (2004) La mediación lingüística en la enseñanza de lenguas. En Didáctica (Lengua y Literatura), vol. 16, 9-21. Recuperado de: https://revistas.ucm.es/index.php/DIDA/article/view/DIDA0404110009A/19322

Corpas, Mª D. e Madrid, D. (2008). Desarrollo de la Comprensión Oral en Inglés como LE al Término de la Educación Secundaria Obligatoria española. En Porta Linguarum, vol. 11, 129-145. Recuperado de: https://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=2786793

Rico, J. P., Ramírez, M. S. e Montiel, S. (2016). Desarrollo de la competencia oral del inglés mediante recursos educativos abiertos. En Apertura, vol. 18. Recuperado de: http://www.scielo.org.mx/scielo.php?script=sci_arttext&pid=S1665-61802016000200006

Chowdhury, F. (2018). Application of Rubrics in the Classroom: A Vital Tool for Improvement in Assessment, Feedback and Learning. En International Education Studies, vol 12 (1), 61. Recuperado de: https://www.researchgate.net/publication/329986506_Application_of_Rubrics_in_the_Classroom_A_Vital_Tool_for_Improvement_in_Assessment_Feedback_and_Learning

5 comentarios:

  1. ¡Hola, Alba!
    En primer lugar, me gustaría decirte que he disfrutado leyendo tu nueva entrada en el blog, me ha parecido muy interesante la síntesis de las tres sesiones; así como las reflexiones que has hecho sobre las actividades de aula. A este respecto, comentar que coincido contigo en considerar que las actividades de lengua deben tratarse sin que exista separación entre ellas, de forma integrada y relacionándose entre sí. Al igual que en las situaciones de comunicación reales, es imposible separar en las actividades de lengua la comprensión de la expresión (oral o escrita) o la mediación de la expresión. Asimismo, me ha parecido muy interesante tu comentario sobre la utilidad de mostrar al alumnado un ejemplo del resultado que esperamos obtener de la tarea propuesta. Procediendo de este modo, conseguimos una motivación positiva en el alumnado, que sentirá que es capaz de realizar la tarea asignada y, por tanto, se enfrentará a ella con mayor entusiasmo, lo que a su vez contribuirá al refuerzo positivo de su autoconcepto y autoestima.
    En segundo lugar, me gustaría hacer referencia a la organización por fases de las actividades de comprensión (oral y escrita), pues al igual que en vuestro grupo, durante el proceso de elaboración de la actividad de comprensión nos dimos cuenta de su relevancia para lograr el objetivo de la tarea propuesta. En mi opinión, la fase de presentación de la actividad es vital, no solo por contextualizar la tarea, sino como elemento de motivación; pues esos 5-10 minutos al inicio de la sesión pueden ser fundamentales para captar la atención del alumnado y generar un ambiente positivo en el aula, favorable para el desarrollo de la tarea propuesta. Asimismo, la fase de post-lectura o puesta en común me ha parecido fundamental para favorecer la producción e interacción en el aula; además, considero que es de gran relevancia en el proceso de consolidación de nueva información.
    Por último, simplemente añadir que, al igual que señalas en tu comentario, efectivamente pienso que la puesta en común de las actividades elaboradas por los diferentes grupos en el aula es una parte muy interesante en esta materia, porque nos permite conocer diferentes puntos de vista y propuestas de prácticas de actividades de lengua. En mi caso, que no tengo experiencia docente, gracias al trabajo en grupo, he podido aprender mucho de mis compañeras con experiencia dando clase, pues tienen un punto de vista más práctico y realista, con una mejor temporalización de las actividades, lo que me ha ayudado en gran medida a estructurar las actividades desarrolladas en el aula.
    ¡Qué tengas un muy buen día!
    Ana González

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ola, Ana :)
      Moitas grazas polo teu comentario e por compartir comigo as túas reflexións.
      Paréceme moi interesante o que comentas con respecto á motivación positiva do alumnado á hora de realizar tarefas, pois penso que é un aspecto fundamental, en todas as materias pero especialmente nas de linguas estranxeiras, xa que son nas que soen sentir máis vergoña ou medo ao falar outra lingua e polo tanto é moi importante reforzar a súa autoestima e crear un bo ambiente. Tamén estou totalmente de acordo co que mencionas sobre a fase de presentación dunha actividade que axudará non só a contextualizala, senón a “enganchar” ao alumnado para que lles sexa máis atractiva e, en definitiva, a poidan aproveitar mellor. Con respecto á fase de post-lectura ou escoita, penso que ademais do que ti comentas, que é unha gran oportunidade para favorecer a produción e interacción na aula, tamén pode ser unha boa maneira de avaliar a actividade por parte do docente e ver se se acadaron os resultados esperados e os obxectivos propostos.
      Por último, é certo que ao final coas actividades que realizamos en grupo na aula aprendemos moito uns dos outros, concordo contigo. O blog que estamos empregando tamén nos ofrece a oportunidade de compartir as nosas opinións e puntos de vista que ao mellor na clase non vimos e que nos poden resultar moi interesantes ou ser de utilidade.
      Que teñas bo día!
      Alba

      Eliminar
  2. Hola Alba, compañeras y compañeros:
    Antes de nada, felicidades por la entrada. Creo que cualquiera que no hubiese estado en la sesión o se hubiese quedado con alguna duda, tu entrada le hubiese servido para aclarar algunos aspectos. Si soy sincera, me hubiese gustado ver las actividades prácticas que habéis desarrollado en vuestro grupo para poner en práctica toda la teoría trabajada en el aula. Al fin y al cabo, es la forma de hacer realidad y poner en práctica nuestra labor docente. Por otro lado, me ha surgido una duda respecto a la comprensión oral o escrita de tipo extensiva, pues no había entendido yo que fuese un tipo de actividad que se trabajase fuera de las aulas. ¿No crees que se podía llevar a cabo también en ellas? En cuanto a la mediación, efectivamente creo que en el marco de la didáctica de las lenguas extranjeras es un concepto novedoso, sin embargo creo que es una cuestión que se lleva trabajando durante mucho tiempo, quizás sin tener un papel tan fundamental o de manera inconsciente. En cualquier caso, teniendo en cuenta el mundo en el que vivimos, creo que es necesario que ocupe un sitio en el que se le conceda la importancia que merece, no solo ya en la formación de lenguas extranjeras, sino también considerándola una competencia clave a desarrollar.
    Decir también que estoy muy de acuerdo contigo en la necesidad de la producción oral y escrita, al fin y al cabo son el inicio de un intercambio lingüístico. A este respecto me gustaría añadir que convertir estas actividades en algo significativo para el alumnado las convertirá en objeto de interés. Para ello considero clave que este tipo de actividades tengan un impacto real en la vida del alumnado, es decir, trabajar cuestiones que les resultarán de ayuda en el desarrollo de su vida personal y profesional.
    No lo alargo más, gracias por compartir tus reflexiones.
    Saludos,
    Eva

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ola, Eva!
      Moitas grazas polo teu comentario e por compartir a túa opinión. No que respecta á dúbida que me comentas, sobre a comprensión oral ou escrita extensiva, penso que si que se podería desenvolver na aula. Con todo, conleva demasiado tempo e por iso se soe deixar para casa, xa que entendo por extensiva por exemplo ler un capítulo ou un libro de texto completo ou visualizar unha película ou serie completa. Déixoche aquí un par de enlaces que nos poden axudar a comprender mellor a diferenza entre os dous tipos: https://cvc.cervantes.es/ensenanza/biblioteca_ele/diccio_ele/diccionario/lecturaextensiva.htm / https://cvc.cervantes.es/ensenanza/biblioteca_ele/diccio_ele/diccionario/lecturaintensiva.htm.
      Por outro lado, paréceme moi interesante o que comentas en canto á mediación. Quizais xa se está a practicar nas aulas dunha maneira inconsciente ou sen darlle a importancia e o papel que hoxe en día merece. De feito, no currículo da secundaria esta destreza non está presente e sería un gran avance comezar a incluíla e a desenvolver estándares para poder avaliala.
      Por último, concordo contigo en que resultaría moi efectivo tratar cuestións que ao alumnado lles fosen útiles para a súa vida, non solo pola repercusión directa que isto tería, senón tamén porque seguro que eles mostrarían máis interese.
      De novo graciñas, Eva. Que teñas moi bo día!

      Eliminar
  3. ¡Hola, Alba!

    He disfrutado mucho con tu entrada. Me ha gustado especialmente como has plasmado el tema de la mediación. Me parece muy clarificador cómo has explicado los tipos de mediación que existen, ya que no me había quedado del todo claro. Por otro lado, estoy totalmente de acuerdo en que esta forma de comunicación es totalmente refleja la realidad actual del mundo globalizado e intercultural en el que vivimos. Además, me gustaría decir que me encantó vuestra actividad de mediación y que disfruté mucho cuando la expusisteis en el aula.

    Por otro lado, coincido totalmente contigo en que es muy importante tratar de priorizar en el aula las actividades de producción e interacción oral y escrita, ya pueden resultarle muy útiles para adquirir más fluidez y relacionarse con más soltura en el ámbito académico y laboral.

    !Felicidades por tu entrada¡ Espero que no sea la última.

    ResponderEliminar