As competencias socioculturais e a linguaxe corporal
Coma vimos na
entrada anterior, o Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCER),
na súa definición do uso da lingua, inclúe diversas competencias que o usuario
dunha lingua emprega á hora de realizar tarefas comunicativas. Nesta entrada do
blog, trataremos os distintos tipos de competencias definidas no Tema 4, pero centrarémonos
principalmente nas competencias socioculturais e, en concreto, no aspecto da
linguaxe corporal e a importancia que consideramos que ten na ensinanza de
linguas estranxeiras.
As competencias son unha suma de
coñecementos, destrezas e características que posúe unha persoa e que foi
desenvolvendo durante a súa experiencia anterior. Estas permítenlle realizar
tarefas e actividades requiridas en diversas situacións comunicativas. As
competencias de cada persoa están en continuo desenvolvemento e, aínda que
precisamos de todas as competencias humanas no seu conxunto para ser capaces de
comunicarnos, o Marco distingue entre as competencias xerais e as competencias
comunicativas da lingua. As competencias
xerais non están relacionadas directamente coa lingua e recorremos a elas
para todo tipo de accións, estas están compostas por: o coñecemento
declarativo, as destrezas e habilidades, a competencia existencial e a
capacidade de aprender. Ademais, dentro de cada unha, existen diversas
subcompetencias. Por outra parte, as competencias
comunicativas son as que permiten que unha persoa actúe empregando medios
lingüísticos. Estas divídense en competencias lingüísticas, sociolingüísticas e
pragmáticas.
Dentro do coñecemento declarativo temos o
coñecemento do mundo, o sociocultural e o intercultural, competencias que
consideramos fundamentais na aprendizaxe dunha lingua estranxeira, pois cultura
e lingua non poden separarse nunca. En concreto, o coñecemento sociocultural baséase en coñecer a sociedade e a
cultura da comunidade ou comunidades nas que se fala o idioma que se está a
aprender. Segundo o Marco, debe dárselle importancia a este aspecto xa que pode
que o alumno non posúa estes coñecementos a través da súa experiencia previa
ou, se o fai, pode que estean distorsionados por estereotipos. O MCER, ademais,
menciona aqueles trazos distintivos dunha sociedade e dunha cultura que o
alumno debe coñecer: a vida diaria, as condicións de vida, as relacións
persoais, os valores, as crenzas e as actitudes, a linguaxe corporal, as
convencións sociais e o comportamento ritual.
A linguaxe corporal, aínda que
considerada coma competencia xeral, está directamente relacionada co aspecto
lingüístico, pois complementa a comunicación verbal e, en ocasións, adquire
significado por si mesma. O Marco, ademais, inclúe un apartado específico para
tratar a comunicación non verbal, dividíndoa
en accións prácticas, paralingüísticas e paratextuais. A linguaxe corporal
defínese coma a capacidade de transmitir información sobre diferentes aspectos
co propio corpo, a través de xestos, posturas, expresións faciais, contacto
visual e corporal, proximidade, movementos, etc., é dicir, existen diversas
áreas, tales coma: o movemento corporal ou a kinésica, as características
físicas, a paralinguaxe e a proxémica. Tamén debemos incluír aquí outros
compoñentes da linguaxe non verbal que inflúen directamente na verbal, coma por
exemplo a entoación, o volume, o ton, o timbre, a vocalización, as pausas ou os
silencios.
A continuación,
os elementos da linguaxe corporal que define o Marco son:
A linguaxe non
verbal está presente en todas as nosas comunicacións, facéndose inevitable
empregala en certas ocasións. Dependendo da mensaxe que se queira transmitir,
daranse casos nos que os elementos non verbais sexan incluso máis importantes
que os verbais. Aínda que hai elementos considerados universais no seu uso, a
maioría deles difiren entre linguas e culturas e ata dependen do contexto, de
aí a importancia de coñecelos para mellorar a comunicación e evitar
malentendidos. Por exemplo, facer o xesto co polgar cara arriba pode
interpretarse de diversas maneiras dependendo do país: en España e en países anglófonos
significa que se concorda con algo ou que se fixo algo ben, mentres que en
Grecia, Rusia ou Irán, por exemplo, é un insulto. Outro exemplo típico é o de
facer unha “V” cos dedos: aquí en España é sinal de “vitoria” ou de “paz”, pero
non tan lonxe, no Reino Unido e en Irlanda tómase coma un insulto.
No Companion Volume, que tamén tratamos na
entrada anterior, inclúese a linguaxe non verbal en diversos descritores, dándolle importancia na
mediación, na interacción, no traballo en grupo, á hora de facilitar o espazo
multicultural, nos monólogos, nas entrevistas e nas estratexias para explicar
conceptos novos. Algúns destes descritores son, por exemplo:
Na aula de linguas estranxeiras, deberíase
transmitir ao alumnado a importancia que posúe a linguaxe corporal e
desenvolvela de maneira conxunta coa linguaxe verbal. Os estudantes da lingua
estranxeira teñen que ser conscientes de que empregar a linguaxe corporal
ofrece un gran apoio para expresarse e asimilar información. Pola súa parte, os
docentes deberían ser conscientes do que transmiten co seu corpo e desenvolver
técnicas e recursos para que os alumnos adquiran e aprendan estes aspectos. Unha
boa forma de asimilar este aspecto pode ser a través da análise de películas e
series orixinais desa cultura para comprobar como se empregan distintos
elementos non verbais.
En conclusión, a
linguaxe corporal ou non verbal supón un aspecto fundamental na interacción e
mediación, pois mediante ela podemos mostrar comprensión ou incomprensión,
acordo ou desacordo; e, se non se coñece, pode dar lugar a malinterpretacións
ou ofensas. Consideramos que, a miúdo, non se inclúe na ensinanza de linguas
estranxeiras, aínda que, baixo o noso punto de vista, esta resulta
imprescindible porque beneficia a comunicación, facéndoa máis natural, e
mellora a fluidez do falante, tanto á hora de entender unha mensaxe coma de
transmitila. Por último, coñecer a linguaxe non verbal dunha lingua axudaranos
a comprender certos aspectos culturais desa sociedade e, en concreto, aspectos
persoais dun individuo.
Finalmente,
déixovos algúns enlaces que me resultaron útiles para redactar esta entrada,
espero que vos sexan de axuda, un saúdo!
Álvarez, G. (2002). La
comunicación no verbal en la enseñanza de inglés como segunda lengua. Philologia
hispalensis, 16 (1), 7-18. Recuperado de: https://idus.us.es/xmlui/handle/11441/12017
Cristina, C. e Marques, G. M. (2005). La comunicación no verbal y el proceso de enseñanza/aprendizaje de
español lengua extranjera. Recuperado de: https://cvc.cervantes.es/ensenanza/biblioteca_ele/publicaciones_centros/PDF/rio_2005/16_ferreira-branco.pdf
Mathilde (2019) El
lenguaje corporal en el aprendizaje de idiomas. [Mensaxe nun blog] MOSAlingua. Recuperado
de: https://www.mosalingua.com/es/lenguaje-corporal-en-el-aprendizaje-de-idiomas/
Paternain, C.
(2012). El lenguaje corporal en el
proceso de enseñanza-aprendizaje de la lengua extranjera: Inglés. Trabajo
de fin de grado: Universidad de Valladolid. Facultad de Educación y Trabajo
Social. Recuperado de: http://uvadoc.uva.es/handle/10324/20440




Boas, Alba! Pareceume moi interesante o aspecto do coñecemento sociocultural que desenvolves nesta entrada. É certo que a linguaxe corporal complementa dalgunha forma á linguaxe verbal, sen esta a comunicación non gozaría de tantos matices coma os que lle podemos dar a través da linguaxe non verbal. Estou completamente de acordo contigo en que nas aulas das linguas estranxeiras é necesario que se traballe tamén a linguaxe non verbal, xa que forma parte da competencia lingüística que é a máis importante no ensino de linguas e a que máis se traballa. Sen embargo, ironicamente, só se traballa unha pequena parte dela, que é a expresión oral, e esta nin sequera se practica todo o que se debería. Creo que a metodoloxía que propós e unha moi boa opción, xa que traballar estes aspectos non verbais mediante os produtos audiovisuais como as series e as películas pode ser unha forma atractiva para que o alumando se fixe nestes aspectos e se interese por levalos á práctica na aula. Desta maneira o seu aprendizaxe verase moito máis enriquecido e facilitaralle moito a interacción con falantes desa determinada lingua estranxeira na vida real, se se dese o caso.
ResponderEliminarNoraboa pola túa entrada! Fíxoseme unha lectura moi amena e interesante.
Que teñas un bo luns!
Ola, Alba!
EliminarMil grazas pola túa aportación, alégrome de que estemos de acordo en que se trata dun tema fundamental que se debería tratar máis nas aulas de linguas estranxeiras.
Que teñas moi bo día :)
¡Hola Alba!
ResponderEliminarMe ha gustado mucho tu entrada. Primero de todo decir, como bien has comentado, que me sorprende ver como nos seguimos centrando solamente en las destrezas básicas (grammar, reading, writing, listening, speaking), cuando visto está que son muchos más los factores involucrados en el aprendizaje de una lengua. Dicho esto, relacionado con el tema cultural, me gustaría comentar una realidad que me llama la atención. En mi experiencia como alumna, han sido algunas, aunque no muchas, las veces en las que se trataron en el aula aspectos relacionados con la cultura inglesa, principalmente a través de la búsqueda de información y exposición de la misma. Lo que me parece salientable aquí es que estos aspectos culturales estaban siempre enfocados a Reino Unido y, por tanto, el resto de países en los que se hablaba inglés quedaban en la sombra. Por poner un ejemplo, nunca nos han hablado de las diferencias entre América y Nueva Zelanda a la hora de saludarse. En este caso particular, por mucho que se comparta el idioma, el comportamiento es totalmente diferente. Sobre los estereotipos, comparto que podríamos contribuir a erradicarlos a través de los contenidos socioculturales. Es una manera de no solo inculcar en valores, sino también de trabajar el idioma en sí, hablando de comportamientos, costumbres y demás a través de actividades tan diversas como el teatro o el debate. Finalmente, en cuanto al lenguaje corporal, concuerdo en que se debería trabajar en el aula de las lenguas extranjeras, no solo para motivar al alumnado a coger confianza para hablar en la lengua meta, sino también para aumentar la autoestima del mismo en otros ámbitos, tanto dentro como fuera del aula.
Me ha gustado que hayas aportado varios datos interesantes de una manera sencilla y amena de leer y entender. ¡Enhorabuena por la entrada!
Ola, Raquel!
EliminarEn primeiro lugar, darche as grazas por comentar na miña entrada. Concordo plenamente co que engades, no que respecta á miña experiencia académica tampouco vin nunca as diferenzas culturais entre os países anglófonos. Ademais, foron poucas as ocasións nas que tratamos as diferenzas de vocabulario por exemplo (a excepción dunha vez que tiven unha auxiliar de conversación estadounidense e nun curso de inmersión no que o profesor era de Australia). É certo que o currículo que temos é xa demasiado amplo, na miña opinión, e que non hai tempo material na aula para tratar tantas cousas como deberíamos ou nos gustaría, pero este aspecto que mencionamos sobre os estereotipos e a linguaxe non verbal é moi fácil de tratar xunto coas destrezas típicas que mencionas e aporta grandes beneficios ao alumnado.
Parabéns polo teu blog tamén, que teñas boa tarde!