O plurilingüismo: cultura ou economía?
O modelo
educativo en España caracterízase pola falta de consenso e inestabilidade en
canto ás leis educativas, posto que dende o ano 1857 promulgáronse oito leis
diferentes. Actualmente, temos en vigor a LOMCE de 2013 e, parcialmente, a
LOE do ano 2006. Nesta entrada, centrarémonos no papel que xogan as linguas
estranxeiras nas leis vistas no Tema 1 e, sobre todo, parécenos interesante incidir nas razóns que se achegan en canto á importancia
que ten aprender unha ou máis linguas estranxeiras para ver realmente se se tratan de cuestións culturais, lingüísticas e sociais ou económicas e políticas.
En 1900, no
prólogo da Reforma do plan de estudos da segunda ensinanza, preséntase unha primeira
razón da importancia que ten a aprendizaxe de linguas estranxeiras, alegando
que é necesaria para unha vida moderna en relación con outros pobos e para
acabar co illamento que vivira o país ata entón. Ademais, faise fincapé en que
así se podería avanzar en ciencia e nas súas aplicacións. Na LGE de 1970, non
se fai referencia á razón pola cal se deben estudar outros idiomas, pero ábrese o seu estudo obrigatorio a todo o alumnado. Pouco despois de que España
entrase na Unión Europea, promulgouse en 1990 a LOGSE, na cal se establecía
como primordial razón da adquisición de linguas a de construír un proxecto
europeo común. Este factor foise repetindo nas sucesivas leis: na LOCE, de 2002,
fálase da importancia de comunicarse noutras linguas para integrar a España no
contexto europeo, na LOE, de 2006, preténdese que coas linguas estranxeiras nos
abramos ao mundo exterior e, finalmente, na LOMCE, de 2013, dáselle prioridade
posto que é unha consecuencia do proceso de globalización e un obxectivo para a
construción dun proxecto europeo.
Como podemos ver,
as linguas estranxeiras sempre tiveron un lugar nas nosas leis de educación e a primordial razón que se ofreceu para o seu estudo foi a de crear un "proxecto europeo común". Nos últimos anos, podemos comprobar como o plurilingüismo está a irromper con forza no noso
contexto educativo. Cremos que é necesario distinguir neste punto os conceptos
de multilingüismo e plurilingüismo, pois non son o mesmo: o multilingüismo refírese
á coexistencia de varias linguas nun mesmo ámbito e nivel, sinalando a
diversidade existente, mentres que o plurilingüismo supón o coñecemento en
diversos graos de varias linguas por parte dunha mesma persoa ou grupo de
persoas. Polo tanto, o noso país e a Unión Europea serían multilingües e unha
persoa capaz de falar máis de dúas linguas sería plurilingüe.
Na nosa opinión,
parece anecdótico que nun país coma España, que sempre tivo tendencias cara a
uniformación e a negación das linguas minoritarias e que, nos últimos tempos,
diversos sectores políticos pretenden regresar a un absolutismo do castelán,
alegando que nos colexios e institutos os nenos e nenas non poden empregar este
idioma, se lle estea dando tanta importancia ao plurilingüismo. Este proxecto
de plurilingüismo podería ser de gran axuda e mellora para levar a cabo o
recoñecemento e a apertura da diversidade lingüística e cultural do noso pais,
non obstante, estamos a decantarnos polas linguas dominantes, perxudicando, aínda máis, a
situación do galego, o catalán e o vasco.
Cada vez se
implanta antes a ensinanza do inglés, a lingua franca da actualidade, pero
faise en detrimento de outras linguas con menos prestixio. O inglés, hoxe en
día, é sinónimo de éxito, de futuro, de emprego, de oportunidades, sen saber inglés non es ninguén, o que nos
leva a pensar que se promulga o plurilingüismo non por razóns de
interculturalidade, de coñecer outras culturas e pobos, senón para mellorar a
nosa economía e empregabilidade. A LOMCE dá boa conta disto, posto que, na nosa opinión, ten unha
visión xeral da educación moi mercantilista, poñendo énfase en que mellorar a
educación suporá unha mellora da empregabilidade e dos postos de traballo, é dicir, da
economía estatal e da situación en xeral do noso país por detrás doutros membros da Unión Europea.
Por suposto que
non podemos disociar o factor económico e político dos beneficios que nos aporta a
aprendizaxe de linguas estranxeiras, pero consideramos que non debemos
esquecernos das outras moitas vantaxes que nos ofrecen, tanto a nivel cognitivo
coma a nivel cultural e social. Existen campañas coma a seguinte realizada pola
Fundación Atresmedia no Día Europeo das Linguas, que só inciden na importancia
do inglés para o desenvolvemento profesional (link na imaxe). Certo é que o inglés é moi importante para o futuro, pero tamén hai outras razóns para aprender esta e outras linguas estranxeiras, non credes?
Parécenos
interesante mencionar aquí un estudo realizado por Melara Gutiérrez, F. J. chamado “La enseñanza de lenguas extranjeras en la Unión Europea” na que
menciona que non hai unha correlación directa entre o nivel económico dun país
e a porcentaxe de linguas estranxeiras que se falan nel. As gráficas son do ano 2003, aquí vos deixo o enlace.
Se actualizamos un pouco estes datos, comprobamos que nalgúns casos si se da está correlación, por exemplo no caso de Luxemburgo, Finlandia, Dinamarca, etc. países con un PIB per cápita moi alto e nos que se falan unha maior porcentaxe de linguas estranxeiras. Por outra banda, temos países coma Reino Unido, Alemaña ou Francia, que contan con linguas dominantes na Unión Europea, e que teñen un PIB alto pero falan poucas linguas estranxeiras. Con todo, penso que esta correlación daría para un estudo moito máis amplo no que analizar o por que destos datos.
Se actualizamos un pouco estes datos, comprobamos que nalgúns casos si se da está correlación, por exemplo no caso de Luxemburgo, Finlandia, Dinamarca, etc. países con un PIB per cápita moi alto e nos que se falan unha maior porcentaxe de linguas estranxeiras. Por outra banda, temos países coma Reino Unido, Alemaña ou Francia, que contan con linguas dominantes na Unión Europea, e que teñen un PIB alto pero falan poucas linguas estranxeiras. Con todo, penso que esta correlación daría para un estudo moito máis amplo no que analizar o por que destos datos.
Velaquí vos deixo un
gráfico cos idiomas estranxeiros falados nos países da Unión Europea no ano 2016:
![]() |
| Extraído de Statista |
E aquí o gráfico co PIB per cápita dos países da Unión Europea no
ano 2017:
![]() |
| Extraído de El País |
Finalmente,
podemos concluír que aínda que as leis promulgan e pretenden unha ensinanza de
linguas estranxeiras baseada no crecemento económico e na creación dun proxecto
europeo, consideramos que na práctica os docentes e centros están avogando por
unha ensinanza de linguas estranxeiras baseada en proxectos que engloban a comunicación,
a interculturalidade, a diversidade, a tolerancia, a inclusión, etc. que
aportan uns beneficios ao alumnado máis alá que o de atopar un bo emprego no seu futuro.
Espero que vos sexa de utilidade a miña entrada, léovos nos comentarios! Saúdos!
Aquí vos deixo varios enlaces relacionados que me pareceron interesantes:
Comisión Europea (s.f.) Acerca de la política de multilingüismo. Recuperado de: https://ec.europa.eu/education/policies/multilingualism/about-multilingualism-policy_es
Melara Gutiérrez, F. J. (s.f.) La enseñanza de lenguas extranjeras en la Unión Europea. Sobre la necesidad del aprendizaje de idiomas en la actualidad. Recuperado de: http://www.uco.es/~ed1alcaj/polieduca/dmpe/grupo41.htm
Ruiz Bikandi, U. (2012) El plurilingüismo visto desde los documentos europeos: Una mirada crítica. En Didáctica de la Lengua y de la Literatura, 60, 65-76. Recuperado de: http://www.karrikiri.eus/sites/default/files/URIRUIZ.pdf




Bo día, Alba!
ResponderEliminarConcordo totalmente co que dis nesta entrada. Desde hai moito tempo, a economía é o que move os fíos e determina a dirección que leva a sociedade. Efectivamente, o desenvolvemento económico é algo de grande relevancia, mais non é o único ingrediente que leva á sociedade a conseguir o ansiado estado de benestar. Elementos como a tolerancia, os valores, o coñecemento, a convivencia pacífica, a cooperación... permiten que unha sociedade avance e sexa aberta. As linguas poden axudar neste obxectivo, xa que, como ti mesma dixeches, o plurilingüísimo contribúe na aceptación da diversidade lingüística e cultural. É unha pena que o discurso político sexa hipócrita e, a pesar de falar de plurilingüísimo, soamente se refira, en realidade, ás linguas dominantes economicamente. Esta concepción dos idiomas é moi evidente na última lei educativa: a LOMCE. Esta céntrase principalmente no individualismo, a competitividade de España a nivel internacional e no crecemento económico, mentres que deixa de lado aspectos sociais e culturais nos que necesita mellorar tamén o país:
«La Ley apoya decididamente el plurilingüismo, redoblando los esfuerzos para conseguir que los estudiantes se desenvuelvan con fluidez al menos en una primera lengua extranjera, cuyo nivel de comprensión oral y lectora y de expresión oral y escrita resulta decisivo para favorecer la empleabilidad y las ambiciones profesionales, y por ello apuesta decididamente por la incorporación curricular de una segunda lengua extranjera.» (LOMCE, 2013, p.10)
Espero que nalgún punto da nosa turbulenta lexislación educativa se aprecie o coñecemento de linguas como algo de valor en todas as súas facetas, de forma que se favoreza a comprensión doutras culturas e a valía dos idiomas como patrimonio inmaterial. Pode que nuns anos sexa posible, por exemplo, escoller o portugués como segunda lingua estranxeira nos centros que, como dixeches noutra das túas entradas, ten unha conexión innegable con Galicia e coa súa cultura e patrimonio.
Parabéns polo teu blog e por esta entrada en concreto.
Un saúdo!
Boas tardes, Andrea!
EliminarMoitas grazas polo teu comentario. Tes toda a razón en que a LOMCE fai evidente esta visión individualista e competitiva da educación, cando deberíamos ter en conta moitísimos outros aspectos tamén moi importantes para avanzar coma sociedade e non só o factor económico ou político. Esperemos que nas próximas leis educativas que se proclamen se teñan máis en conta e valoren as linguas estranxeiras, así coma os seus numerosos beneficios coma ti ben dis.
Graciñas de novo e parabéns tamén polo teu blog!
Saúdos :)